Evento: Califato ¾
Califato ¾
Califato ¾
Concerto do grupo andaluz.
Califato ¾ son andaluces: The Gardener, Esteban Bove, S Curro / SKLT SLKT, Stay Puft (A.K.A. Serokah), Lorenzo Soria e Dixital Diogenes que combinan electrónica avanzada con músicas enraizadas na tradición popular andaluza para crear un folclore propio que mira cara ao pasado e cara ao futuro.
Veñen de colectivos afíns pola cultura escondida: Breaking Bass, BSN Posse, LIE radio e Industrias94. Escondida como a historia andaluza, a súa algarabía sociocultural presente desde o século VI, que foi amputada da nosa historia, excluíndo e marxinando ao pobo negro, xitano, musulmán e xudeu. O Califato é a nosa mestura e a nosa memoria.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



