Evento: Foco Nouvelle Vague | Curtametraxes#01: Unha historia de auga, Xaque ao pastor, Charlotte e o seu mozo, Todos os homes chámanse Patrick

Foco Nouvelle Vague | Curtametraxes#01: Unha historia de auga, Xaque ao pastor, Charlotte e o seu mozo, Todos os homes chámanse Patrick
domingo, 27 febreiro, 2022 - 12:00
Numax,
Santiago de Compostela

Foco Nouvelle Vague | Curtametraxes#01: Unha historia de auga, Xaque ao pastor, Charlotte e o seu mozo, Todos os homes chámanse Patrick

Proxección dos curtametraxes franceses de Jean-Luc Godard, François Truffaut e Jacques Rivette.

Unha historia de auga
Une histoire d'eau | Jean-Luc Godard, François Truffaut | 1961 | 12 min
Unha moza (Caroline Dim) está decidida a emprender unha escapada ao centro de París. O seu plan trúncase ao estar todas as rúas asolagadas. Un mozo ofrécese a axudala na súa escapada mentres charlan da vida, a literatura, o amor…

Xaque ao pastor
Le coup du berger | Jacques Rivette | 1956 | 29 min
Claire (Virginie Vitry), recibe un abrigo de pel do seu amante (Jean-Claude Brialy) como agasallo. Xuntos tratan de atopar un xeito de evitar que o home descubra a verdadeira orixe do abrigo.

Charlotte e o seu mozo
Charlotte et son Jules | Jean-Luc Godard | 1960 | 13 min
Jean-Luc Godard dirixe a uns novísimos Jean-Paul Belmondo e Anne Colette, narrando a historia dun home que recibe a visita da súa ex e intenta reconquistala cando ela só volveu polo seu cepillo de dentes.

Todos os homes chámanse Patrick
Charlotte et Véronique, ou Tous les garçons s'appellent Patrick | Jean-Luc Godard |1959 | 21 min
Charlotte e Véronique coñeceron cada unha a un mozo encantador e ambos chámanse Patrick. Será que ese é un nome moi común ou hai máis coincidencias nesta historia?

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
11 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia