Evento: Sienna

Sienna
venres, 25 marzo, 2022 - 21:00
Island Club,
Vigo

Sienna

Concerto do cantante valenciano

Coñecido como Álex Sienna, Álex Ruiz é un artista de música indie e rock que se está facendo un oco no panorama español. Comezou a interesarse pola música desde moi pequeno, con 8 anos. Aos 15 subiuse por primeira vez a un escenario, e pouco despois empezou a compoñer os seus propios temas. Para Álex a música supón unha vía de escape que o afasta da ansiedade e os problemas.

En 2014 deu o primeiro paso na súa primeira musical lanzando o single «Aire. Foi o impulso que fixo que a música de Sienna comezase a evolucionar e buscar outras formas. En 2017 sacou o seu primeiro álbum, «Trágico y fugaz», que tivo un bo recibimento por parte do público. A partir de aí comezou a dar concertos, percorrer diferentes cidades e telonear a grandes artistas como Vetusta Morla. En 2020 publicou o seu segundo álbum «Tiempos de Impacto».

Agora Sienna está inmerso nunha xira polo territorio nacional para promocional o seu novo traballo «Melancolic». É un EP de seis pistas que contén sons diferentes aos outros discos do artista. As cancións tratan sobre a ansiedade, tristeza, a saúde mental ou a ferocidade da industria musical actual.

  • SIENNA - Quiero que aparezcas aquí

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións