Evento: Bebescena 2022: Baby- Lonia
Bebescena 2022: Baby- Lonia
Bebescena 2022: Baby- Lonia
Espectáculo que conxuga a música, a danza e os monicreques.
Baby-Lonia móstranos un día calquera nun lugar de xogo onde ocorrerán situacións máxicas, divertidas; achegándonos, con amor, ao mundo da natureza, dos animais, dos soños, do circo e do espazo. Desde o amencer ata o anoitecer ocorrerán cousas sorprendentes en Baby-Lonia. O seu personaxe principal, Coello, coñecerá a Paxaro, a Sol, a Lúa e xogará coas Estrelas.
Baby-Lonia conxuga a música, a danza e as monicreques. As texturas, as cores e as formas levarán aos cativos a unha ilusión compartida cos maiores.
Ligazóns