Evento: Fala, fala, falangueira
Fala, fala, falangueira
Fala, fala, falangueira
Unha peza de Matrioshka Teatro
Matrioshka Teatro presenta no FalaRedes unha proposta escénica dirixida a nenos e nenas a partir dos seis anos e as súas familias que xira arredor da transmisión da lingua. Inspirada en poemas, cantares tradicionais, cartas, contos… a peza desenvólvese como unha sucesión de xogos. Cunha narrativa aventureira, divertida e máxica, combinada con elementos de teatro físico, cancións, narracións e factores sorpresa, así como co simbolismo da iluminación, transmitirase a mensaxe de que cómpre usar con orgullo a lingua galega.
Fala, fala, falangueira chegará esta primavera a oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Máis eventos do ciclo FalaRedes
13 de agosto, 19:00
Área recreativa de Bembibre - Val do Dubra - A Coruña
13 de agosto, 19:00
Área recreativa de Bembibre - Val do Dubra - A Coruña
14 de agosto, 19:00
Praza Les Sables D'Olonne - A Laracha - A Coruña
14 de agosto, 19:00
Praza Les Sables d'Olonne - A Laracha - A Coruña