Evento: Miro Casabella. ¿Hay alguien?
Miro Casabella. ¿Hay alguien?
Miro Casabella. ¿Hay alguien?
Pioneiros da música galega
A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vinculada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia. Desde a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década dos 60, ata a súa participación no grupo DOA e máis tarde o seu regreso en solitario despois duns anos de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía galega medieval e aos poetas galegos contemporáneos. Comprometido co país, coa cultura e co idioma galego, algunhas das súas cancións son himnos, símbolos dun tempo.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



