Evento: Melendi- Likes y cicatrices
Melendi- Likes y cicatrices
Likes y Cicatrices, o último álbum de Melendi, xa se converteu en todo un superventas, alcanzado o nº1 desde a súa data de saída. Un disco redondo, cheo de colaboracións e novas melodías onde Melendi resume as experiencias e vivencias destes últimos anos.
Sen dúbida o asturiano atravesa un dos seus mellores momentos profesionais, avalado por unhas cifras de vertixe e ao alcance de moi poucos artistas internacionais: 25 discos platino, máis de 5 millóns de oíntes mensuais en Spotify, 94 millóns en Apple Music, 50 millóns de streams en Amazon, ou máis de 3,2 billóns de visualizacións dos seus vídeos en Youtube.
Melendi inicia en maio a xira de presentación de Likes y Cicatrices, que recalará no Coliseum da Coruña o 22 de outubro.
Máis eventos de tipo Concerto