Evento: Eva contra Eva
Eva contra Eva
Eva contra Eva é unha obra inspirada no clásico Eva ao espido, de Joseph L. Mankiewicz. Dúas actrices, de xeracións distintas, deben interpretar a un mesmo personaxe. Nesta coincidencia chocan dúas maneiras de entender a vida e a profesión. A actriz máis nova loita por conseguir a oportunidade de darse a coñecer. A actriz maior esfórzase para que o paso dos anos non a faga desaparecer dos escenarios. Pero iso non as converte necesariamente en inimigas, senón que se trata de miradas complementarias que poden aprender a unha da outra, sen ningunha necesidade de destruírse. Daranse conta ou acabarán devorándose?
Os personaxes de Eva contra Eva (o director, o crítico, a representante e as dúas actrices) utilizan o teatro para falar da vida e a vida para falar do teatro. Entréganse a esta profesión con tanta intensidade e devoción que, a miúdo, perden a capacidade de rirse de si mesmos. E é na excesiva transcendencia que outorgan a
as súas vulnerabilidades, converténdoas en meras vaidades, onde radica a comedia. Shakespeare dicía que o obxectivo do teatro é poñer un espello ante os espectadores para poder reflectir as virtudes e os defectos de cada época. Oxalá que no espello que ofrece Eva contra Eva podamos ver algunhas das nosas imperfeccións contemporáneas cun sorriso na cara.



