Evento: Orquestra Sinfónica de Galicia- Pablo González

Orquestra Sinfónica de Galicia- Pablo González
xoves, 26 maio, 2022 - 20:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Orquestra Sinfónica de Galicia- Pablo González

Concerto de música clásica.

Recoñecido como un dos directores máis versátiles e apaixonados da súa xeración, Pablo González é un músico que transmite gran inspiración tanto a orquestras como a públicos de todo o mundo, ?atento a cada un dos silencios e inicios da orquestra sinfónica ao completo, tecendo e poñendo orde nesta revolución tonal? (OperaWorld).

Foi Director Titular da Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, Director Principal Convidado da Orquestra Ciudad de Granada e Director Asistente da London Symphony Orchestra. Na actualidade é Director Titular da Orquestra Sinfónica de Radio e Televisión Española e Asesor Artístico da Orquestra e o Coro RTVE.

Entre os seus recentes e próximos compromisos destacan actuacións coa Royal Philharmonic Orchestra, Sinfónica de Birmingham, The Achei, Filarmónica de Helsinqui, Deutsche Kammerphilharmonie Bremen, Konzerthausorchester Berlin, Orquestra da Radio de Frankfurt, Filarmónica de Dresde, Gürzenich-Orchester Köln, Deutsche Radio Philharmonie Saarbrücken Kaiserslautern, Filarmónica de Estrasburgo, Orchestre National d?Ille de France, Sinfónica de Stavanger, Residentie Orkest, Filarmónica de Lieja, Orchestra della Svizzera Italiana, Orquestra Sinfónica Nacional de
México, Filarmónica de Buenos Aires etc.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal
Xira 25 aniversario
27 de xuño
Auditorio Constante Liste
Back To Glory Days
27 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Conto-concerto
28 de xuño
Praza García Barbón