Evento: Deles Aprendín- O Musical Dos Grandes Musicais: A Sirenita+ Frozen+ Aladdín

Deles Aprendín- O Musical Dos Grandes Musicais: A Sirenita+ Frozen+ Aladdín
domingo, 3 abril, 2022 - 12:00
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Deles Aprendín- O Musical Dos Grandes Musicais: A Sirenita+ Frozen+ Aladdín

Espectáculo infantil.

Deles aprendín. O MUSICAL DOS GRANDES MUSICAIS, ten a súa orixe nun acontecemento inesperado na Illa de Motunui, onde Vaiana, que será o personaxe condutor do musical, ten a primeira oportunidade de liderar ao seu pobo. Para iso é guiada polo sabio espírito da súa avoa Talla, que a conducirá por unha gran viaxe, a través de máxicos contos, que lle axudarán a ser a gran líder que o seu pobo necesita.

E serán escenas e personaxes da Sirenita, O Rey León, Frozen, Aladdín, Rapunzel ou A Bela e a Besta os que irán aparecendo en escena como protagonistas deste musical, no que grazas aos valores e coñecementos que aprenderá deles, Vaiana conseguirá que a súa avoa Talla, así como o seu pobo, sentan moi orgullosos da líder na que se converteu.

Os nove actores, bailaríns, e cantantes con todas as voces en directo, arroupados por unha gran escenografía acompañada de proxeccións e un cuidadísimo vestiario, darán vida a un dos grandes musicais do ano, que sen dúbida emocionará a todas as familias.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia
Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal