Evento: Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?

  • Que fala falas?
Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?
mércores, 11 febreiro, 2015 - 19:00
Facultade de Filoloxía,
Santiago de Compostela

Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?

Debate sobre as diferentes variedades dialectais do galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC organiza o debate “Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?”, que terá lugar no Salón de Graos desta facultade. No acto intervirán Xosé Luís Regueira, catedrático de Filoloxía Galega da USC e membro da RAG; Paulino Novo, coordinador lingüístico da CRTVG e doutor en Filoloxía Galega; Lorena Pose, presentadora da TVG e licenciada en Xornalismo, e Federico Pérez, actor e licenciado en Filoloxía Galega.

O debate estará moderado por Lois Celeiro, director do Gabinete de Comunicación da USC.
 

Máis información

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés