Evento: XVI Leccións Xacobeas Internacionais da USC: sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación

XVI Leccións Xacobeas Internacionais da USC: sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación
luns, 14 xullo, 2025 a xoves, 17 xullo, 2025
Praza de Praterías,
Santiago de Compostela

XVI Leccións Xacobeas Internacionais da USC: sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación

O Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro mes de xullo as XVI Leccións Xacobeas Internacionais, baixo o título /Sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación./

O Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro mes de xullo as XVI Leccións Xacobeas Internacionais, baixo o título Sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación. Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir a este encontro, que reunirá un ano máis en Santiago a expertos internacionais en historia das peregrinacións, que compartirán as súas investigacións sobre este fenómeno e sobre o Camiño de Santiago, en particular.
Estas xornadas, organizadas pola Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, enmárcanse nos cursos de verán promovidos pola Universidade de Santiago de Compostela. Así, as persoas matriculadas en graos desta universidade obterán 2 créditos pola súa asistencia ao encontro. Ademais, o alumnado matriculado nun doutoramento da USC obterá un recoñecemento total de 10 horas por asistir.
 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello