Evento: Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta

  • Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
xoves, 26 xuño, 2025 a venres, 27 xuño, 2025
Museo A Domus do Mitreo,
Lugo

Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta

Curso de verán da USC

O Museo a Domus do Mitreo organiza este curso de verán da USC que ofrecerá unha aproximación integral ás múltiples formas de abordar a morte en contextos arqueolóxicos e históricos, desde a Prehistoria ata a Tardoantigüidade. O obxectivo é comprender as diferentes formas nas que as sociedades do pasado representaron, xestionaron e ritualizaron a morte a través de ósos, pedras, cerámica e textos, así como analizar a morte desde unha perspectiva interdisciplinar, integrando enfoques arqueolóxicos, históricos e bioantropolóxicos.

Dirección: Miguel Carrero Pazos (USC), Patricia Argüelles Álvarez (USC)
Secretaría: Edgard Camarós Pérez (USC)
Lugar de celebración: Museo A Domus do Mitreo, Lugo

Este curso conta co cofinanciamento do proxecto de investigación 'Osteoarqueología de las prácticas quirúrgicas: explorando los límites del conocimiento médico en la (Pre)Historia' (ED431F 2024/13, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Xunta de Galicia).

Máis información e matrícula aquí:

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/relatos-morte-osos-pedras-barro-tinta-14443

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde
Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira