Evento: En Demasía 2.0

En Demasía 2.0
sábado, 12 febreiro, 2022 - 21:00
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

En Demasía 2.0

Espectáculo de humor.

O humorista estreou hai pouco máis dun ano o seu espectáculo En demasía, un monólogo que levaba ao teatro os vídeos que colga nas súas redes sociais e que rapidamente se viralizan. Tras o parón por mor da pandemia, Pajarón volveu o pasado nadal coa versión 2.0 do espectáculo esgotando rapidamente as entradas nos tres teatros máis grandes do seu Asturias natal.

En demasía é un monólogo no que Joaquín Pajarón fala de situacións cotiás coas que moita xente vese reflectida. Temas como a chegada do home á lúa, o pantalón ?tobillero?, as etiquetas da roupa, a cea de nadal ou as vacacións, un show no que inevitablemente non pode omitir a situación actual en pandemia, en definitiva? unha hora e media de risas en demasía.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia
Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal