Evento: Tátara Trío
Tátara Trío
Tátara Trío
Actividade integrada no programa Nadal en Rede
Concerto para todos os públicos cheo de humor e, por suposto, de música. A formación Tátara Trío está integrada por Pablo Díaz (gaita, clarinete, percusión e voz), Alejandro Fente (acordeón) e Fernando Docampo (violín, gaita, percusión e voz). O grupo regresa aos escenarios, tras uns anos de silencio, con novas sonoridades aplicadas a temas de recente creación e tamén aos seus vellos éxitos, como a “Polca do colesterol” ou a “Muiñeira do polbo”.
Máis eventos de tipo Concerto



