Evento: Ojete Calor
Ojete Calor
O dúo formado por Carlos Ojete e Aníbal Calor, os reis do subnopop, volve saír de xira aínda que o público segue sen pedilo. Presenta a súa «Pena de bofetón que non che deron a tempo 2022 Global Tour». O público terá a sorte de gozar de cancións como Viejoven, Parva Gilipó, Vete para tu casa, Agapimú, Cuidado con el Cyborg, Opino de que ou Que bien tan mal aínda que é posible que haxa sorpresas. A súa última xira por España esgotou entradas en todas as datas anunciadas, mesmo con meses de antelación, enchendo lugares tan emblemáticos como a Riviera de Madrid ou Razzmatazz de Barcelona. Bilbao, Valencia, Selecta, Sevilla, Málaga, Zaragoza, Murcia, Santiago non hai cidade que se resista ao subnopop.
Máis eventos de tipo Concerto



