Evento: Curtametraxes Chema García Ibarra
Curtametraxes Chema García Ibarra
Co gallo da visita de Chema García Ibarra na estrea de Espíritu sagrado programamos unha sesión coas curtametraxes que lle outorgaron ao cineasta ilicitano a condición de autor de culto.
Sesión presentada por Chema García Ibarra
Leyenda dorada
Chema García Ibarra & Ion de Sosa | 2019 | 11 min.
Un día de verán na piscina municipal de Montánchez (Cáceres). Nas alturas, a Virxe da Consolación do Castelo mantén o seu ollo vixilante.
La disco resplandece
Chema García Ibarra | 2016 | 13 min.
Un sábado de abril. Vai bo tempo. A sombra da montaña medra mentres cae a tarde. Cinco mozos preparan a noite: teñen alcol, un coche e música. Dá igual que a discoteca leve anos pechada.
Misterio
Chema García Ibarra | 2013 | 13 min.
Trini traballa como reparadora de calzado e ten problemas de sobrepeso, o seu marido está atado a unha bomba de osíxeno e o seu fillo é deficiente mental. Pero unha aparición da Virxe faralle tomar unha decisión trascendental.
Protopartículas
Chema García Ibarra | 2009 | 7 min.
A través dun experimento, un home tenta demostrar a existencia da protomateria, sustancia imaxinaria que apareceu en filmes como Superman ou Star Trek.
El ataque de los robots de Nebulosa-5
Chema García Ibarra | 2008 | 7 min.
Un mozo tenta en van alertar a súa familia da inminencia dun ataque de robots espaciais que acabará coa vida na Terra.



