Evento: Laroá

Laroá
domingo, 20 febreiro, 2022 - 20:00
SalaSon,
Cangas

Laroá

Concerto de música latina, jazz.

Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo ábano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquietude de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia.

Laroá nace a principios do ano 2016 inspirados pola procura dunha fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica. Partindo na súa maioría das influenzas da música lusófona e de raíz, adentrámonos nun universo de exploración de novos horizontes musicais, nunha viaxe sonora repleta de mestura e variedade.

  • Laroá - Nubes (Folk Sessions)

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
The Lemon Twigs
22 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior