Evento: Ruxe Ruxe

Ruxe Ruxe
sábado, 25 marzo, 2023 - 21:00
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Ruxe Ruxe

Concerto Solidario Pola Esclerose Múltiple.

Ruxe Ruxe foron catalogados como o último grupo bravú, aínda que esta etiqueta non é do todo fiel ao grupo. A banda fórmase en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996 e practica un rock combinado con folk e unha actitude punk. Miraron tanto a Vos Diplomáticos de Monte-Alto como a The Clash e The Pogues. Nas súas letras predomina o costumismo, o carácter social e o realismo máxico. En 1999 entregan a súa primeira maqueta, ?Ruxe Ruxe? (1999), oito composicións -Radio Ruxe, A nivel dás mareas, Estamos en gherra, Come on Carolina, Non sexas lercha, Festa, Fraile ou que non baile e Ruxe ruxe- que formarán parte do seu primeiro disco: Non Temos Medo (Clave, 2000). Unha banda formada por catro amigos de instituto: Xaco Barona (gaita), Xan Rico (frauta, harmónica), Jimmy Carlitos Wei (guitarra, coros) e Vituco Neira (guitarra e voz) comeza a crecer e a dar concertos por toda a xeografía galega.

En 2002 entregan o seu segundo LP: A Terra Dous Comentos (Clave, 2002). Disco gravado en casa de Tolos (Mañufe, Pontevedra), os estudos de Segundo Grandío (Sinistro Total). Na gravación tamén participan Sebas Ou Neno (acordeón), Marcos Colomar (guitarra e coros), Cándido J. Rodríguez (baixo), Miguel Pérez (batería) e Xulio Sei (violín e palmas). Pola formación pasan numerosos músicos que en ocasións tiveron que abandonar por diversos motivos, como explica Neira, tras a música "vén o traballo, as noivas e os noivos, os fillos... e todo cambia. Xunto ao disco presentan o curto Carne Pendurada (2002) de Peseta Produccións, no que a banda busca guitarrista e presentan as distintas audicións dos candidatos.

  • RUXE RUXE - MANICOMIO

Máis eventos de tipo Concerto

Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia
Picadiscos
11 de xullo
Campo da Festa de Urdilde