Evento: Concerto de Belém Tajes

Concerto de Belém Tajes
venres, 19 novembro, 2021 - 21:30
A Arca da Noe,
Vilar de Santos

Concerto de Belém Tajes

Cantante, compositora e especialista en Musicoterapia.
Comezou tocando e cantando en agrupacións tradicionais e aprendendo tamén das cantigas das súas avoas, naturais da aldea de Arou, Camariñas.

Estudou violoncello no Conservatorio da Coruña e tamén gaita, na Escola de Música de Oleiros e no Conservatorio de Carballo.

Continou estudando Maxisterio musical en Santiago de Compostela e dando clases a crianzas ata que a chamaron para formar parte como cantante na xira XXX Aniversario de Luar na Lubre. Con eles recorreu os principais teatros do país, visitando tamén México, Francia, Bélxica, Portugal, Escocia e Reino Unido.
Gravou con eles e outros artistas, o disco-dvd Ribeira Sacra.

Ten participado en varias formacións musicais como cantora e percusionista con: Xosé Lois Romero e Aliboria, Hemisferios, con Uxía, Ugia Pedreira e Sonia Lebedinsky, co gaiteiro Xulio Lorenzo, con Pesdelán, e no coro Sisters in the House
de Carmen Rey, entre outros proxectos.

Foi a música elixida para representar a Galicia no proxecto Tosta Cultural Cargo, sobre linguas minorizadas do atlántico norte. Gracias a este proxecto estivo recollendo cantos tradicionais do oeste irlandés.

 

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños