Evento: La Barraca de Lorca

La Barraca de Lorca
luns, 25 outubro, 2021 - 20:45
Numax,
Santiago de Compostela

La Barraca de Lorca

Proxección para celebrar o Día de Lorca en Galicia.

En 1932, a mítica compañía teatral La Barraca, dirixida por Federico García Lorca, emprendía unha xira por vilas e cidades de toda a Península que incluía numerosas poboacións galegas. Para dar conta do seu traballo, un noticieiro republicano acompañounos na xira, recollendo imaxes de indubidable valor histórico a cargo de Gonzalo Menéndez-Pidal. A fita, de 12 minutos de duración, inclúe o propio Lorca paseando por Vigo ou a montaxe dun escenario en plena Praza da Quintana compostelá.

Co gallo da celebración do Día de Lorca en Galicia o vindeiro luns 25 de outubro ás 20:45 proxectarase o filme por vez primeira en Santiago. O acto contará con presentación e coloquio a cargo das dúas persoas que identificaron as imaxes, o editor Henrique Alvarellos e o fotohistoriador Carlos Castelao. No acto tamén intervirá Mercedes Rosón en representación da Concellaría de Acción Cultural e Igualdade, entidade que apoia o evento. A copia procede da Filmoteca da Generalitat Valenciana.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
11 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia