Evento: Blackstereo

Blackstereo
venres, 19 agosto, 2022 - 23:45
Club Marítimo de Panxón,
Nigrán

Blackstereo

Concerto de rock e soul.

Black Stereo é un grupo de cinco músicos consagrados que nace co fin de achegarnos as súas propias versións da música negra con estilos como o Soul, Rhythm&blues, Rock&Roll, Funk de artistas como Otis Redding, James Brown, Little Richard, Stevie Wonder, Sam & Dave entre outros. A banda esta formada por Guillermo Gagliardi á guitarra, Julio Llorca ao baixo, Héctor Agulla á batería, Toño López á voz e Diego Tornado ao saxo.

En cada show a banda tenta revivir aqueles espectáculos da época dourada da música negra, en que as grandes figuras e bandas entregábanse por completo en cada tema; ritmo, suor e paixón. Así é Black Stereo, puro vintage black music: Non lles gusta copiar, teñen alma e imprímenlla a cada tema do seu repertorio.

  • BlackStereo en La Iguana Club - Valerie 10/02/17

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións