Evento: Festival de Outono: As Cantigas De Elena + Paraíso Canto
Festival de Outono: As Cantigas De Elena + Paraíso Canto
As cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pendente (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abolado e o seu neto, Pipo Alvariño.
Elena lembraba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e cantábaas dunha maneira irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abolado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podían permanecer máis tempo no esquecemento. Así nace o proxecto As cantigas de Elena.
O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parte a produción, os arranxos musicais e as composicións, que pretenden transmitir a esencia do cuanto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.
Tamén participa neste proxecto o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), o tres veces gañador dos Latín Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño. Para realzar estas melodías e o acompañamento instrumental, Pipo e Caco entenderon que a gravación debería realizarse ao vivo aproveitando a excelente calidade de son que só PKO Studios pode ofrecer, e así transmitir o carácter das cancións da maneira mais fiel posible.
Máis eventos de tipo Festival