Evento: Batea

Batea
luns, 25 xullo, 2022 - 22:00
Palco exterior de Castrelos,
Vigo

Batea

Concerto de folk rock.

Batea, banda de folk rock de Vigo, foi fundada durante o confinamento por antigos compoñentes de Virandeira, grupo que durante a súa década de vida acumulou dous discos editados e máis de 100 actuacións en festivais e concertos.

A proposta musical de BATEA é integramente musical, enmarcada en diferentes estilos e xéneros: folk, rock, celta. Sobre unha estrutura rock clásica de batería, baixo e guitarra eléctrica, con ritmos marcados e riffs potentes de guitarra, constrúese a base para o desenvolvemento dos instrumentos solistas folk: violín, frautas, requinta e gaita.

O álbum debut de BATEA lanzouse o pasado 13 de abril de 2021 baixo o título de «Tampouco somos os Rolling», un traballo gravado nos Estudos Metrópoles de Vigo. A mestura final e masterización correron a cargo de Marco Vales, recoñecido produtor da escena folk internacional.

«Tampouco somos os Rolling» destaca na súa edición física pola orixinalidade do formato, unha auténtica lata de conserva en cuxo interior se esconde unha memoria USB con forma de mexillón que inclúe os doce temas do primeiro álbum de BATEA, ademais de contido audiovisual.

  • BATEA - Rock Tradi (Vídeo Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións