Evento: Aprende coas mulleres galegas: María Pita
Aprende coas mulleres galegas: María Pita
mércores, 1 setembro, 2021 a venres, 31 decembro, 2021
Evento online,
Santiago de Compostela Aprende coas mulleres galegas: María Pita
Actividade organizada pola Secretaría de Igualdade.
María Pita foi unha muller que tivo moitos recoñecementos e espazos nomeados na súa honra: o barco que levou a vacina da varíola a América chamábase María Pita, ao igual ca unha praza da Coruña, un avión de Ibeira ou un autobús do Castromil.
María Pita era filla dos propietarios dunha tenda do barrio da Peixería da cidade da Coruña e que comezou traballando no negocio familiar. Foi unha defensora da cidade da Coruña ante o ataque do pirata Drake. No ano 1589, cando a cidade da Coruña estaba a piques de renderse, estando cercada polas tropas inglesas do almirante inglés Drake, unha muller chamada María Fernández de Cámara y Pita, comanda a resistencia da cidade baixo o lema "Quen teña honra que me siga".
Ligazóns