Evento: Ferrol Caldeira de Sons: Malditos Pendejos

Ferrol Caldeira de Sons: Malditos Pendejos
venres, 29 outubro, 2021 - 23:00
Sala La Room,
Ferrol

Ferrol Caldeira de Sons: Malditos Pendejos

Concerto de rock.

Malditos Pendejos desde o 2018 deciden compoñer e gravar a súa propia música, a formación de trío coa que levan traballando desde o 2016 Tony Torres, Mikel Rodeiro e Octavio Garcia, pasa a converterse en cuarteto coa inclusión dun segundo guitarrista, Diego Diaz.

Esta formacion mantense unha vez terminado de gravar o primeiro disco titulado "O Puto Rock & Roll" e asi poder respectar as cancións en vivo como se crearon no disco.

Xa de cheo no 2020 a banda decide compoñer novas cancións, cambiaron os conceptos, as ideas e a forma de exporse o novo disco, de aí sae o que será o seu segundo disco "Revivir".

Antes de decidir onde se vai a gravar e quen o vai a producir, Maikel Rodeiro decide abandonar a banda por uns problemas de saúde que levaba carrexando moitos anos.

Chegan tempos de cambio :

Malditos Pendejos deciden que o substituto oficial de Mikel sexa Cristobal Castro, que xa realizou varios concertos para a banda anteriormente.

De volta aos ensaios como cuarteto, prepárase todo o que será o novo disco e tómase a decisión de gravar en Murcia coa magnífica produción de Santiago Campillo.

O novo disco saíu o 28 de agosto de 2021 tendo moi boas críticas.

Xa realizados algúns concertos coas novas cancións 2022 é o ano que Malditos Pendejos lanzaranse a nivel nacional levando a todos os recunchos posible o seu novo disco.

Ata o momento saíron dous singles deste álbum : "Espazo Sideral" e "Aínda que sexa tarde" ambos os apoiados polo seu respectivo videoclip.

  • Malditos Pendejos : Espacio Sideral

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
21 de setembro
Valadares
O rianxeiro
23 de setembro
Praza da Igrexa
Dr. Feelgood
23 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5