Evento: Luke Winslow & Roberto Luti
Luke Winslow & Roberto Luti
Luke Winslow & Roberto Luti
Concerto de rock.
Luke Winslow King (Michigan) estará no escenario arroupado polo seu inseparable compañeiro de batallas Roberto Luti (Livorno), con quen leva percorrendo o mundo, de escenario en escenario desde 2012, ano no que comezaron a tocar xuntos nas rúas e os clubs da cidade de Nova Orleans, onde aos poucos foron impregnándose do Folk, Blues, R&B, Jazz,... Deste xeito conseguiron crear o seu propio son, unha mestura de estilos onde a nostálxica voz de Luke e o slide guitar de Roberto fusiónanse á perfección, creando un aura especial que che fará sentir coma se estiveses no barrio Tremé de Nova Orleans, nalgún dos seus pequenos clubs de Jazz ou en plena festa de Mardi Grass.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



