Evento: Xinetes da xustiza
Xinetes da xustiza
O militar Markus debe regresar á casa coa súa filla adolescente, Mathilde, cando a súa esposa morre nun tráxico accidente de tren. Todo semella ser simplemente mala sorte, ata que Otto, experto en matemáticas e tamén pasaxeiro do tren sinistrado, aparece cos seus dos excéntricos colegas, Lennart y Emmenthaler. Otto está convencido de que alguén está detrás de todo isto.
Segundo se acumulan as pistas, Markus ten claro que todo podería ser un asasinato coidadosamente orquestrado, no que a súa esposa rematou sendo unha vítima aleatoria.
Un thriller con todos os ingredientes. O novo filme de Anders Thomas Jensen é unha fábula moderna sobre a comunidade, a causalidade e aquilo que dá sentido ás nosas vidas.
Presentada na última edición do Festival de Rotterdam, a película xa pasou polos certames de Glasgow, Luxemburgo e Seattle, foi nomeada a catro Bodil Awards (premios da crítica danesa) e gañou catro premios nos Danish Film Awards, entre eles Mellor Actor Secundario para Lars Brygmann, Mellor Actriz Secundaria para Andrea Heick Gadeberg y Mellor Música para Jeppe Kaas (Headhunters).



