Evento: A Revolta Do Umia: Agoraphobia + Familia Caamagno

A Revolta Do Umia: Agoraphobia + Familia Caamagno
sábado, 28 agosto, 2021 - 12:00
Vilar de Mato,
Cuntis

A Revolta Do Umia: Agoraphobia + Familia Caamagno

Festival de pop-rock.

Agoraphobia son un quinteto orixinario de Boiro (A Coruña) formado por Susana (vocalista), Aislinn (guitarra), Sabela (guitarra), Paula (batería) e Lucía (baixo). Aislinn e Sabela coñécense no instituto e con apenas dezaseis anos comezan a dar renda solta ao seu gusto polo punk rock e o rock alternativo. Naqueles inicios, no 2006, mostran predilección por bandas punk rock como Blink 182 e por bandas de rock alternativo como Incubus, de feito o nome tómano dunha canción destes, incluída no álbum A Crow Left of the Murder (Epic, 2004).

A súa primeira gravación seria é a maqueta autoproducida Mentir e Gobernar (A Regueifa, 2010), punk en castelán que se sobe para a súa descarga ao netlabel A Regueifa. Tras un tempo de parón, deciden poñerse de novo en marcha no 2013, conservando o nome, pero trátase dun proxecto novo, constituído xa polo quinteto actual. 

  • Agoraphobia - Zero

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos