Evento: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Pandeiretas e Adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.
O novo traballo de Xabier Díaz (Berroguetto, NovaGalega de Danza, aCadaCanto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo…
Acompañad@s por Gutier Álvarez (zanfona e violino) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), nace un novo proxecto preparado para invadir con muiñeiras e pasodobres os teatros e festivais do mundo
Xabier Diaz – pandeireta, gaita, voz
Lidia Sanmartín Novo – adufe, pandeira,
pandeireta, cunchas
Noemi Basanta Llanes – percusión, voz
Patricia Gamallo – adufe, voz
Mariña García Romero – percusión, voz
Gutier Alvarez – violín, zanfoña
Montserrat García Santamarina Roade – percusión, voz
Javier Álvarez Vázquez – acordeón
Iria Penabad Teijeira – voz
Carolina Vázquez Castro – percusión, voz
Gisela Sanmartín – pandeiro, pandeireta, pandeira
Maria Teresa López Blanco – pandeireta, voz
Beatriz Mariño Rey – pandeireta, voz
Cristina Pico López – pandeireta, voz
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño



