Evento: Revenidas 2021: Zoo
Revenidas 2021: Zoo
ZOO, tamén coñecido como Zoo Posse, é un grupo musical valenciano nado en 2014 en Gandía que se centra no rap, o breakbeat, o reguetón, o rock e o ska, mesturados con ritmos electrónicos. As letras das cancións tratan cuestións políticas e sociais de actualidade.
O grupo naceu en 2014 da man de Panxo (Toni Sánchez), exmiembro de Orxata Sound System e de Sophy Zoo, grupo de rap en castelán e valenciano en activo desde 2008, DJ de Riot Propaganda, e irmán de Pablo Sánchez da Raíz e Ciudad Xara. Tempestes vénen do sud foi o seu primeiro disco, que contiña Estiu, o sinxelo que saíu na primavera dese mesmo ano e obtivo ao redor de millón e medio de reproducións en pouco tempo. En 2015 foron os cabezas de cartel do festival Feslloch, o máis importante da música en valenciano.
Máis eventos de tipo Festival