Evento: Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Alberto Montero/ DJ Pop Voyage

Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Alberto Montero/ DJ Pop Voyage
sábado, 21 agosto, 2021 - 21:00
Monte do Gozo,
Santiago de Compostela

Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Alberto Montero/ DJ Pop Voyage

Festival de música electrónica, folk, indie e pop.

Alberto Montero

A cabalo entre o folk e os sons cálidos e psicodélicos chegará ao escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 Alberto Montero. O artista, nacido en Porto de Sagunto, ofrecerá o seu concerto o próximo 21 de agosto conformando un dos pratos fortes da programación do festival.

Ao longo dos anos Alberto Montero afíxonos a discos delicados, con moita narrativa, ás veces introspectivos, outras veces máis ficcionados. Ás veces tanxibles, outras veces achéganos a páramos irreais. Pero se algo aprendemos a través da súa traxectoria, é que Alberto Montero móvese con sixilo e elegancia entre as cancións, coma se estivese a elaborar un diario de viaxe, unha antoloxía de emocións, onde cada disco supón unha nova mirada á realidade e á súa contorna máis inmediata, pero tamén a todo aquilo que se escapa ao noso poder de decisión.

DJ Pop Voyage

Este é o alter ego de Raúl Santiago, que alterna a súa faceta de DJ coa de músico e xestor cultural. No primeiro caso, traballou en diferentes locais como Trapitos e Xoias (Santiago de Compostela) durante polo menos 2 anos poñendo electrónica, indie, funk, pop, jazz ou bossanova e en Retrovisor (Padrón), con sesioines indie, pop ou rock.

Picou tamén en diferentes festivais como o Artenativa ou Mundo Vermello. Ademais, participou en diferentes festas, inauguracións ou mercados chegando a reunir máis de 100 picadas.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos