Evento: Maldito Murphy
Maldito Murphy
Maldito Murphy nace da idea do seu cantante, compositor e guitarrista Juan Castro de levar as súas cancións ao escenario.
As súas cancións son directas con retrousos pegadizos e letras en castelán e móvense entre o pop-rock con tinguiduras country.
Desde Agosto do 2015 o grupo foi cambiando de formación empezando sendo un dúo co guitarrista Lorenzo Boo, posteriormente uníronse ao proxecto os irmáns Yepes, Sebas e Philip que pronto empezaron a tocar en directo en locais da cidade, tamén participaron no festival independente "Festival nun local" onde tiveron boa aceptación chegando a que a prensa local (Faro de Vigo e Atlántico Diario) dedicase algúns artigos falando positivamente deles.
Finalmente o grupo consolídase nun formato de 4 integrantes compostos por Juan Castro (Cantante, compositor e guitarrista), Sebas Yepes (Baixo), Diego Fernández (Guitarra eléctrica) e Aaron Starsailor (Batería).
En 2016 empezan a tocar en varias cidades da comunidade de Galicia e é en decembro cando deciden gravar o disco " non eramos tan cegos" nos estudos Radar de Vigo xunto ao produtor Pablo Iglesias e sae á venda en marzo do 2017.



