Evento: Valhalla Music Fest 2021

Valhalla Music Fest 2021
venres, 30 xullo, 2021 - 20:00
Alameda do Peirao,
Catoira

Valhalla Music Fest 2021

Festival de música latina e electrónica.

O 30 de xullo terá lugar na localidade pontevedrense de Catoira  o Valhalla Music Fest en plena natureza situado na praia fluvial de Catoira coñecida como Alameda do Peirao.

O festival está enmarcado nas tradicionais e de interese turístico internacional, festas da Romaría Viquinga de Catoira na súa edición de 2021.

Nel poderase gozar de sete artistas de música latina e electrónica, con todas as medidas de seguridade anti Covid e 4 zonas de 1000 persoas con zonas agrupables e seguridade privada.

Máis de seis horas de música nun espazo que contará con venda de bebidas e food trucks así como un novo sistema de cobranza count-less mediante pulseiras que poderán ser recargadas nos puntos habilitados no propio festival.

Os artistas participantes serán os seguintes:

DANNY ROMERO
LENNIS RODRIGUEZ
DASOUL
GROVE AMIGOS
OMAHI
ALBA FERNANDEZ
MASTACHI

  • Danny Romero - La Baba

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos