Evento: Festival Sons de Ánkar: Baiúca + Guadi Galego
Festival Sons de Ánkar: Baiúca + Guadi Galego
Baiúca
É un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á vangarda, á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións.
Detrás do proxecto atopámonos a Alejandro Guillán, Alex Casanova, quen xa sorprendera cun synth pop realmente brillante, conxugando hedonismo 80s e pop electrónico con espírito clásico e sintético. Todo iso quedou reflectido en ?Antagonasia? (Crispis, 2014).
Ao longo da historia houbo todo tipo de intentos de levar a música tradicional galega á electrónica, unhas con máis éxito que outras. Desde Son Lalín e o seu Muiñeira de Chantada (Movieplay, 1978) que soaba nas discotecas de Eivissa, e de toda España, a finais dos 70 a Bonovo, pasando por propostas máis recentes como Caxade, Trilitrate ou Ulobit. Fixen un repaso de todo o que tiña relación co proxecto pero ao final a miña visión é diferente. Creo que o de Son Lalín é o máis interesante, pero ao final hai máis do meu proxecto en Carlos Núñez ou en Mercedes Peón cando fan achegamentos á electrónica.
Guadi Galego
Guadi Gallego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha carreira musical que comeza sendo moi nova. En 1997 entra a formar parte de Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001) foron calorosamente recibidos pola crítica e merecedores de varios premios e recoñecementos (entre eles, o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos de 2002). En 2006 publican 10.0, que alcanzou o 2º Premio Opinión ao Mellor Disco Gallego do ano e foi candidato aos Premios da Música co seu tema Xente. Naquel momento, Guadi xa comezaba a experimentar con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@ s (con Abe Rábade e Ugia Pedreira), ambas tamén galardoadas co Premio ao Mellor Disco Gallego. Finalmente, en 2009 sae á luz Benzón, album aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario, sen deixar de participar noutros proxectos.
Máis eventos de tipo Concerto



