Evento: Rock Artesán no Río Tea: Tonhito de Poi
Rock Artesán no Río Tea: Tonhito de Poi
Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Poi – Castiñeiras, (Ribeira) o 27 de Novembro de 1969, é un artista polifacético galego.
Foi patrón de barco, traballando no mar durante cinco anos até que se dedicou á música. Así comezou con Heredeiros da Crus, un grupo irreverente que fixo do rock da costa un himno para unha xeración. Despois de doce anos de concertos e oito discos crea un novo grupo musical xunto a músicos portugueses, A Banda de Poi, da que sacou o disco “Mor”
Emprendeu un novo proxecto musical chamado Rasa Loba co que saca o disco “Instinto”
Posteriormente saca un disco en solitario chamado “O Soro da verdade” e publica un diario da sua primeira viaxe á selva Amazónica chamado “Viaxe cósmico á Amazonía”
Tonhito de Poi tamén se adicou paralelamente a outros ámbitos do espectáculo como a televisión. Como actor, foi o encargado de encarnar a Xan Rei na serie Rías Baixas. Tamén participou no programa Con perdón, e foi guionista de Tardes con Ana, Pequeno Hotel, Galicia Expres, Rias Baixas, Super Martes, Entre Familias anda o xogo, Mais Retranca, os Tonechos e Land Rober na TVG.
Ten seu espacio na Radio Galega, O Poigrama, en Galicia por diante e segue en activo co grupo de rock Heredeiros da Crus, que no 2017 celebraron seus 25 anos.
E nestes momentos está a preparar o seu segundo traballo inspirado nas súas viaxes na Amazonía.