Evento: Festa da Palabra
Festa da Palabra
Festa da Palabra
A Fundación Insua dos Poetas e a Deputación de Ourense, coa colaboración da Xunta de Galicia, convidan a celebrar a Festa da Palabra dedicada aos Seis poemas galegos de Federico García Lorca.
Trátase da primeira homenaxe de agradecemento ao poeta granadino por escribir estes textos no noso idioma. Durante todo o día sucederanse as actividades literarias e musicais. Ademais, incorporase á Illa dos Poetas unha instalación artística da escultora Soledad Penalta que interpreta, de maneira simbólica, o fondo sentimento e a grande altura literaria de Federico García Lorca, un andaluz universal que amou Galicia, as súas xentes, o seu idioma e a súa cultura.
Descargas
- Cartel438.36 KB
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso