Evento: O Cid, a Lenda

O Cid, a Lenda
martes, 3 xaneiro, 2023 - 22:30
Auditorio Municipal,
Ribeira

O Cid, a Lenda

Proxección da película de animación infantil.

Rodrigo é un perfecto candidato a heroe: Fillo dun nobre castelán, combina a educación na corte xunto ao seu mellor amigo Sancho e primoxénito do Rey, coas furtivas visitas á súa amada Gimena, a filla do Conde de Gormaz, quen con gran celo prohibe a súa relación. Aposto, novo, divertido e valente, un futuro resplandeciente preséntase ante el. Pero os tempos de felicidade non duran eternamente, e tras a morte do Rey Fernando, Rodrigo vese envolvido nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a consecuente coroación do infante Alfonso. De súpeto, Rodrigo perde todo aquilo que adquiriu sen esforzo, o seu mellor amigo e o amor da súa amada Gimena, sendo inxustamente desterrado de Castela e sen honra.

Afastado do seu fogar e en territorio hostil, Rodrígo e uns poucos homes, coa especial axuda do principe Ao-Mutamin, inician unha aventura chea de acción e paixón que xamais esquecerán, recuperando territorios e facendo fronte ao temible Ben Yussuff, acérrimo inimigo do flamante Rey Alfonso, e empeñado en conquistar toda a península. No seu esforzo por reclamar o perdón do seu Rey, e en busca de recuperar a súa posición e o amor de Gimena, Rodrigo descobre os profundos valores universais da amizade e a honra. "O Cid, a lenda" conta a historia dun mozo que se fixo home, dun home que se fixo heroe ata converterse en lenda, que perdura ata os nosos días, a lenda de Rodrígo Díaz de Vivar, mais coñecido como "O Cid".

  • El Cid, la leyenda

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Curtas Guillermo Galoe
15 de abril
Filmoteca de Galicia