Evento: Festival Pasatempo Betanzos: MClan + La Banda del camión

Festival Pasatempo Betanzos: MClan + La Banda del camión
sábado, 24 xullo, 2021 - 19:30
Auditorio do Parque do Pasatempo Betanzos,
Betanzos

Festival Pasatempo Betanzos: MClan + La Banda del camión

Concerto de rock.

Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez se presenan a soas nunha xira íntima, repasando temas seleccionados de todo o seu repertorio. Auténticos animais de escenario, regresan a Galicia en formato dúo acústico para revisar os seus clásicos cun matiz diferente.

Tras colgar o cartel de entradas esgotadas nos seus concertos o ano pasado, agora visitan Betanzos coa súa xira acústica. MClan non deixaron de realizar concertos cun éxito rotundo desde o pasado ano, deixando patente a súa paixón polo escenario e a súa visión de manter a #culturasegura.

MClan, convertida en referente para moitos, é considerada como unha das mellores bandas de rock que existiron en España nos últimos 20 anos. Desde os seus inicios queda claro o amor da banda polo rock sureño, moi presente nos seus dous primeiros traballos, Un Bue Momento e Coliseum, a pesar de todo, o seu estilo foi evolucionando ao longo dos anos, ata fusionar á perfección o blues co soul, o rhythm and blues, e o hard rock máis setenteiro, conseguindo un son propio acompañado da voz de Carlos Tarque, cun marcado estilo similar ao de Rod Stewart ou Joe Cocker.

Pasatempo Betanzos é un espazo para gozar da música e a cultura en condicións de total seguridade. O recinto atópase enmarcado dentro dun tradicional parque da cidade de Betanzos, con acceso sinxelo e rápido pola súa proximidade á AP-9 e A-6. 

O parque ideado a principios do século XX foi remodelado para uso e goce dos betanceiros, e actualmente alberga estanques, zonas verdes, un auditorio ao aire libre, grutas subterráneas e área infantil de xogos. É precisamente este auditorio ao aire libre o que proporciona o marco ideal para a realización de eventos que respecten as medidas de seguridade vixentes.

  • M Clan en gira acústica 2021

Máis eventos de tipo Concerto

Film Symphony Orquestra
1 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
The Toasters
4 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ariel Rot
5 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5