Evento: Pauline na praia

Pauline na praia
luns, 24 maio, 2021 - 20:30
Padre Feijoo,
A Coruña

Pauline na praia

Proxección da película de Éric Rohmer.

Pauline, unha adolescente de 15 anos, pasa o verán coa súa curmá Marion. Na Francia atlántica, Marion atópase con Pierre, un antigo amigo namorado dela. Con todo, Marion prefire a Henri, un aventureiro de vida itinerante e un tanto misteriosa. Pauline tamén vai ter un romance. Un filme fresco e sinxelo, que departe sobre o desexo, a beleza, o amor, mentres afronta con naturalidade as relacións entre os personaxes, constituíndo a terceira entrega de sériea Comedias e proverbios. Partindo dunha frase de Chretièn de Troyes, Qui trop parole, else mes fait (Quen fala de máis, faise dano a se mesmo), o filme de Rohmer, premio en Berlín 1983 á dirección e tamén FIPRESCI, redescubre a intérpretes en estado de graza (Pascal Greggory, Arielle Dombasle, Feodor Atkine, a magnífica adolescente Amanda Langlet) e mostra outro oportuno e brillante traballo visual de Néstor Almendros.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Casablanca
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
8 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes