Evento: Tigres coma cabalos

Tigres coma cabalos
martes, 11 maio, 2021 a domingo, 13 xuño, 2021
Sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia,
Vigo

Tigres coma cabalos

Exposición que forma parte da programación conmemorativa do Día das Letras Galegas da Xunta de Galicia.

A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Xil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata acadar as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto. Xa cando se presentou en formato libro en 1990 os autores sinalaron a independencia dos traballos fotográfico e poético na súa orixe e o proceso de intercambio creativo posterior.

Horario: de 10 a 14 h e de 16 a 19 h de martes a venres e de 11 a 14 e de 17 a 20 horas sábados e domingos.

Tras o seu paso polo Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a mostra poderá verse tamén no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Descargas

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia