Evento: Festival de Música Bal e Gay-Cuarteto Casals

Festival de Música Bal e Gay-Cuarteto Casals
mércores, 25 agosto, 2021 - 20:30
Basílica de San Martiño,
Foz

Festival de Música Bal e Gay-Cuarteto Casals

Concerto de música clásica.

Fundado en 1997 na Escola Reina Sofi?a de Madrid, o Cuarteto Casals celebrou o seu XX Aniversario cun proxecto especialmente ambicioso: a integral dos 17 cuartetos de Beethoven, xunto con seis obras de encarga a compositores contemporaneos, e interpretados en cidades de Europa, Asia e America Latina.

Tras gañar os primeiros premios nos concursos internacionais de Londres e de Hamburgo, o Cuarteto Casals foi convidado de maneira regular polas salas de concertos mais prestixiosas do mundo incluíndo Carnegie Hall (Nova York), Wigmore Hall (Londres), Philarmonie (Berli?n), Kolner Philarmonie (Colonia), Cite da Musique (Paris), Schubertiade de Schwarzenberg, Concertgebouw (Amsterdam) entre outras moitas cidades do mundo.

Desenvolveron unha importante produccion discografica para o selo Harmonia Mundi, formada por 12 CDs, que inclúen un amplo repertorio desde Arriaga ou Toldra? ata compositores cla?sicos vieneses como Mozart, Haydn, Schubert e Brahms, sen esquecer grandes nomes do século XX como Debussy, Ravel e Zemlinsky.

O grupo foi recoñecido co Premio Nacional de Musica (2006), o Premi Nacional de Cultura de Catalunya (2016), e o Premi Ciutat de Barcelona (2005).

Actua cada ano no Palacio Real de Madrid, coa extraordinaria coleccion de instrumentos Stradivarius.

Ademais de impartir clases maxistrais moi solicitadas, é Cuarteto Residente no conservatorio Koninklijk da Haia e na Escola Superior de Musica de Cataluña de Barcelona, cidade onde residen os catro membros.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Grande Amore + VVV [Trippin' you] + Hofe
31 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Xavibo
1 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Adrian Vandenberg
2 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5