Evento: Festival de Música Bal e Gay- Hércules Brass
Festival de Música Bal e Gay- Hércules Brass
Hércules Brass Quinteto de metaales nace na Coruña no ano 2012 e está formado por mozos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquesta Novo da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquestra Nacional de España.
Nos seus comezos Hércules Brass foi finalista no 8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintetcelebrado en Alemaña, semifinalista no 8th International Chamber Music Competitionen Francia e obtivo o Primeiro Premio do lIV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparzaen Benimodo.
Profundaron na música de cámara no Curso de Especialización de Música de cámara na EAEM (Escola de Altos Estudos Musicais)de Santiago de Compostela.
O seu interese por ampliar e dar a coñecer o repertorio para quinteto de metais é patente no seu labor didáctico co proyectoOSSUPERHÉRCULES; e no feito de que compositores galegos comoXoan Antón Vázquez, Fernando AriasyJuan Durán, dedicáronlle obras. Así como a súa participación no proyectoNo Bico un Cantar, interpretando adaptacións para 400 nenos e nenas e metais, organizado polo Consello da Cultura Galega.
O mozo ensemble actuou en Galicia, Zamora, Asturias, País Vasco, Comunidade Valenciana, Cataluña, Madrid e Suíza. Así mesmo, en 2012 foron convidados pola JONDE para participar como profesores en laOrquesta Manuel María Gutiérrezy unha serie de concertos en Costa Rica.
Na súa curta traxectoria xa actuaron como solistas ca Orquesta Nova da Sinfónica de Galicia, a Banda Unión Musical de Meaño, a Banda Municipal da Coruña e a Orquesta Sinfónica de Galicia.
Ademais, participaron en festivais como o IX Curso Internacional Semana Musical de Salceda de Caselas,Festival Spanish Brass Alzira 2013,Festival Ticino Musica 2013 en Suíza, este último como quinteto residente.
Recentemente foron protagonistas dunha das emisións de«Música Nova»enRadio Clásicade RTVE e recibiron o Primeiro Premio no«eMuse» Online Music Competition 2014.
Desde agosto de 2014 organizan o Festival Hércules Brass Celanova, na localidade ourensá.
Máis eventos de tipo Concerto



