Evento: Secho
Secho
Secho
Concerto de pop indie.
Secho escribía cancións para si mesmo desde os albores deste século ata que en 2009 a banda Medomedá, coñecedora destes tesouros agochados, convídao a abrir un dos seus concertos en Compostela. De aí xurdiron outras actuacións, colaboracións e tamén a primeira formación, composta por músicos de Medomedá e Ruxe Ruxe.
Agora Secho regresa con “Recuperar”, o seu 1º traballo en solitario, gravado con Iago Pico e rodeado de músicos como Dani Riveiro, Lois Carlín, Tomás Porteiro e varias colaboracións que descubriremos nos vindeiros meses. Un feixe de cancións que tecen un disco moi persoal e íntimo no que o pop, o indie ou o folk americano danse a man adubiados polas montañas do Barbanza.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



