Evento: "Sacando viruta. Artesanía y Diseño"

"Sacando viruta. Artesanía y Diseño"
xoves, 29 abril, 2021 a mércores, 26 maio, 2021
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

"Sacando viruta. Artesanía y Diseño"

Exposición da EASD Antonio Faílde

Exposición realizada desde o departamento de Ebanistería Artística da EASD (Escola de Arte e Superior de Deseño) Antonio Faílde de Ourense, nace coa intención de mostrar os traballos realizados tras cinco anos do inicio dos Estudos Superiores da especialidade, co obxectivo de visibilizalos e facer balance do realizado. O título da exposición ten o significado metafórico de extraer o material residual da madeira e construír a forma, tanto no sentido dos mobles e obxectos creados como no sentido de formarse, de irse labrando como artesán ebanista. As pezas mostradas son unha trintena, entre mobiliario e obxectos pequenos, e caracterízanse por unir proxecto e proceso nun camiño de aprendizaxe entre o manexo do material e a concreción do mesmo. Os obxectos situados en vitrinas son pezas pequenas realizados en talla que mostran as texturas da ferramenta sobre o material que se quere enxalzar. Trátase de contar historias que constrúen significados evocados coa forma e os títulos, para así transcender ao mero uso funcional dos mesmos e achegarnos un valor estético engadido. O mobiliario é de liñas limpas e atemporales onde se aplicaron técnicas de ebanistería como a taracea, os torneados, os ensambles e diferentes sistemas de curvados, sendo as formas moi sinxelas pero os procesos artesanais moi complexos onde se unen artesanía e deseño para crear pezas únicas. Apóstase por unha cultura do deseño que actualiza as formas nun mobiliario contemporáneo, sempre tendo en conta o respecto á tradición, aos procesos e ao material, buscando a aprendizaxe do oficio, a renovación da linguaxe plástica e unha opción de crecemento sostible.

Poderase visitar no andar 0 da Biblioteca no seu horario de apertura. Non é necesario facer inscrición previa.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia