Evento: Orella pendella

Orella pendella
xoves, 23 febreiro, 2023 - 11:30
Biblioteca Pública Municipal de Ares,
Ares

Orella pendella

Actividade dentro do programa Apego.

Bea Campos de Migallas Teatro presenta o contacontos 'Orella pendella', para bebés de 0 a 3 anos.

Inscrición ata 15 familias. Esta actividade propón aprender e xogar cos ditos infantís de sempre e con cancións tradicionais acompañadas de música en directo, tomando como base orellapendella.gal

Sábado 17 de abril, nos xardíns do Doutor Marescot. Recoméndase levar unha mantiña ou esteira para sentar no chan.

Primeira sesión de 11.30 a 12.05 h.

Segunda sesión de 12.30 a 13.05 h.

Como en edicións anteriores, todas as actividades do programa Apego son de balde pero con prazas limitadas polo que é preciso realizar a pertinente inscrición antes do 7 de abril a través da páxina web apuntate.pontevedra.gal

O progama Apego, impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro deste programa, co obxecto de ofertar actividades educativas e de lecer ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro, para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

Ademais das familias xa inscritas, as que aínda non fagan parte do programa pero dexesen inscribirse poden solicitar unha cita en apego.gal

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés