Evento: Broa + Dioivo

Broa + Dioivo
sábado, 8 maio, 2021 - 18:00
Sala Rebullón,
Mos

Broa + Dioivo

Concerto de música metal.

A banda dos blackers galegos Dioivo presenta o seu álbum debut «II«.
«II» presenta oito cortes dun brillantísimo black metal melódico, incriblemente técnico, con trazas de thrash americano e cantado en galego.

Dioivo mestura no seu son black metal melódico de corte sueco de moitos quilates tocado cunha técnica abafadora, engádelle trazas de thrash americano, interludios acústicos e un puntiño progresivo ao Voivod, ponlle encima unhas voces rasgadas cantadas en galego e? Uala. Un son tremendamente orixinal e moi difícil de encasillar.

Neste concerto estarán acompañados pola banda Broa.

  • DIOIVO: Lobishomes (taken from Dioivo II, Darkwoods 2019)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións