Evento: Alentejo, Alentejo

Alentejo, Alentejo
martes, 13 abril, 2021 - 19:30
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Alentejo, Alentejo

Proxección da película portuguesa de Sérgio Tréfaut.

No Alentexo, no sur de Portugal, decenas de grupos amadores reúnense regularmente para ensaiar antigos cantes polifónicos e para improvisar modas sobre o tempo presente. Nacido nas tabernas e nos campos de cultivo, o cante alentexano transmitiuse ao longo de xeracións e atravesou as fronteiras da rexión que lle deu orixe. Co paso do tempo, e tamén debido á diáspora, apareceron novos grupos na periferia de Lisboa e en diversos países da emigración, moitos deles formados por adolescentes e crianzas, proba de que o cante está vivo e de que é expresión dunha identidade propia. Alentejo, Alentejo é unha viaxe a un modo de expresión musical único, Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade dende 2014.

  • Alentejo, Alentejo

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
11 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia