Evento: Weezer

Weezer
martes, 20 abril, 2021 - 03:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Weezer

Concerto de Pop-Rock.

Weezer é unha banda estadounidense de rock  alternativo formada en Los Ángeles en 1992. O grupo está formado, actualmente, por Rivers Cuomo (vocalista principal e guitarra líder), Brian Bell (guitarra rítmica, teclados e coros), Scott Shriner (baixo eléctrico e coros) e Patrick Wilson (batería e coros). A banda cambiou a súa formación varias veces desde o seu nacemento en 1992. Publicaron trece álbums de estudo, seis EP e un DVD. Ata a data venderon máis de nove millóns de discos no seu país.

O 26 de outubro de 2015 a banda lanzou un novo sinxelo, "Thank God for Girls", a través de Apple Music e a radio o mesmo día. A semana seguinte, o grupo lanzou un segundo sinxelo, "Do You Wanna Get High?". Rivers Cuomo afirmou, nunha entrevista con Zane Lowe, que a banda non estaba a traballar nun novo álbum. Con todo, o 14 de xaneiro de 2016, Weezer lanzou un terceiro sinxelo (promocional), "King of the World", e anunciou que a banda publicaría un novo álbum e, ademais, con nome homónimo. Efectivamente, Weezer, coñecido polos seus fans como The White Album foi lanzado o 1 de abril de 2016. É o décimo álbum de estudo da banda e o cuarto de nome homónimo.

A banda foi co-titular do Weezer & Panic! at the Disco Summer Tour 2016 con Panic! at the Disco en 2016.

  • Weezer - Africa (starring Weird Al Yankovic)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Iseo & Dodosound
10 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5