Evento: Glub! Ramiro Neira
Glub! Ramiro Neira
Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos disfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno….. é o momento do baño! Onde as burbullas de xabrón convértense, en historias, soños, contos...
Hai momentos para compartir....Ten que haber momentos para compartir!!!!
Hai que levar ós nenos/as á gardería, ir traballar, recollelos na gardería, facer a compra, ir ó banco, ó médico, coller o teléfono, voltar á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalos ó parque......!!!!!.
Ramiro Neira
Diplomado en Maxisterio (especialista en Audición e Linguaxe) con moitos anos de experiencia en Galicia como actor, director, docente, produtor e distribuidor de diferentes espectáculos de Teatro. Como actor traballou e traballa con diferentes grupos de Teatro: Artestudio Teatro, Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional da Universidade da Coruña, Teatro da Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán, entre outros.
Como docente e Director coordinou grupos en: Sardiña, Gangarilla, Instituto María Casares, Centro Fonseca, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Concello de Ordes, Fogar do Maior do Barrio das Flores, Artestudio, Forum Metropolitano...). Como produtor e distribuidor traballou con: Teatro da Bufarda, Hac Luce Universidade da Coruña, Teatro da Lúa, UVG Teatro, Galileo Teatro, Ballet Studio, Paparota Teatro, etc.
Actualmente compaxina os seus traballos como docente, actor e director ca Coordinación de diferentes proxectos do Concello de A Coruña e do Forum Metropolitano, como son o Programa Horas Punta, Mostra de Teatro Escolar e os Encontros de Teatro Independente de A Coruña.
Máis eventos de tipo Espectáculo



